lunes, 30 de enero de 2017

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ, 3O de xaneiro de 2017

Este luns, 30 de xaneiro, como cada ano dende 1964, celébrase o Día Escolar da Non violencia e a Paz, en lembranza do asasinato de Mahatma Ghandi, o 30 de xaneiro de 1948.

Este curso o Equipo de Dinamización Lingüística e da Biblioteca Escolar do IES Monte Carrasco propoñen traballar neste día as grúas de origami.  Segundo unha lenda xaponesa, o teu maior desexo farase realidade se constrúes mil grúas de papel.  A consigna de crear grúas de papel na loita pola paz, remóntase á historia dunha das pequenas vítimas da bomba de Hiroshima durante a Segunda Guerra Mundial.


Sadako Sasaki tiña dous anos cando caeu a bomba en Hiroshima, cidade na que vivía. Aínda que saíu despedida pola fiestra, non sufriu danos; non obstante, estivo exposta á chuvia negra.  Nove anos despois  (cando tiña 12 anos), Sadako era unha nena forte, atlética e con moita enerxía.  Mentras corría unha carreira empezou a sentirse mal e caeu ao chan.  Como consecuencia da irradiación que produciu á bomba de Hiroshima, os médicos diagnosticáronlle leucemia, coñecida como a "enfermidade da bomba A".  Cando a pequena Sadako estaba no hospital recuperándose da súa enfermidade, a súa amiga Chizucho explicoulle a historia das 1.000 grúas de papel.  Segundo unhas fontes, cando morreu en outubro de 1995 só conseguira pregar 644 grúas de papel; o pai, sen embargo, explicou nun documental que Sadako construíra arredor de 1.400, que el e mais a nai gardaron na súa casa.  E as compañeiras da escola fixeron 1.000 grúas de papel que se enterraron con Sadako.  Tres anos máis tarde da morte da rapaza, os nenos e nenas de toda a cidade de Hiroshima adicáronlle unha estatua cunha grúa na súa man.  A estatua está no Parque da Paz de Hiroshima, coa seguinte mensaxe:  "Este é o noso berro, esta é a nosa pregaria: paz no mundo".


Déixovos o enlace cosa propostas que se fixeron dende o centro en curso anteriores:

Día da Paz 2016. Refuxiados

Día da Paz 2015. Malala Yousazfai, Premio Nobel da Paz 2014

Ademáis, deixamos aquí as propostas que fai a  Consellería de Educación:  unha listaxe de materiais aloxados no EspazoAbalar para traballar nas escolas esta conmemoración:

No hay comentarios:

Publicar un comentario