lunes, 23 de enero de 2017

"Somos diferentes, non indiferentes"

A Fundación ONCE convoca un concurso destinado a loitar contra o acoso escolar, baixo o lema "Somos diferentes, no indiferentes".

O concurso busca promover a toma de conciencia sobre o acoso nas aulas, polo que será o profesorado o que coordinará o traballo do alumnado que participe no concurso.


Establécense dúas categorías:


  • O alumnado de Educación Primaria e Educación Especial terá que facer un cartel publicitario que serva de campaña de sensibilización sobre o acoso escolar nas aulas

  • O alumnado de ESO, FP e Bacharelato terá que facer unha peza audiovisual; unha mini-curta dunha duración máxima de 1 minuto que conciencie contra o acoso escolar nas aulas.
O concurso pasará por varias fasese: provincial, autonómica e estatal.

A participación será por aulas completas coordinadas por un profesor.

Para inscribirse o profesor-coordinador terá que chamar ao teléfono gratuito: 900 808 111 ou na páxina  (www.concursoescolaronce.es)

O prazo de inscrición remata o 31 de xaneiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario