sábado, 11 de febrero de 2017

Bolsa Benjamín Franklin en USA

A Embaixada de Estados Unidos en España selecciona un/unha estudante español/a para participar no Instituto de Verán Benjamín Franklin.


Requisitos dos solicitantes:

  • Ter entre 16 e 18 anos no momento do inicio do programa en Estados Unidos
  • Certificación académica de ter acadado unha nota mínima de 7.5 no seu expediente académico nos dous últimos cursos
  • Ter acadado unha nota de sobresaliente na materia de inglés nos dous últimos cursos
  • Participación en actividades de voluntariado
  • Carta de referencia
En que consite a bolsa:  o estudante seleccionado participará nun programa intensivo enfocado nos asuntos globais aos que se enfrontan os xoves a ambos lados do Atlántico.  A estancia terá lugar nunha universidade norteamericana de West Forest, en Wiston-Salem  (Carolina do Norte), entre xuño e xullo de 2017.
A dotación da bolsa inclúe todos os gastos:  viaxe, aloxamento, manutención, seguro médico e de accidentes e visado.


Prazo de solicitude:  ata o 24 de febreiro de 2017, ás 18:00h.

No hay comentarios:

Publicar un comentario