domingo, 5 de febrero de 2017

Plan de Transición Primaria-Secundaria

Esta semana, iniciamos as actividades do Plan de Transición Primaria-Secundaria, entre o noso centro e o CEIP San Roque.

Estas primeiras actividades  coinciden co período de reserva de praza nun centro de adscrición,  do 1 ao 15 de febreiro.  En concreto, o mércores 8 de febreiro o alumnado do noso centro adscrito visitará o noso centro para coñecer as instalacións do centro, atoparse con antiguos compañeiros, coñecer as principais características da nova etapa que van iniciar, a educación secundaria obrigatoria.

De seguido, o venres, 10 de febreiro, as familias do alumnado visitarán o centro, onde coñecerán o centro, se lles informará das principais características da educación secundaria obrigatoria e, finalmente, un psicólogo da Cruz Vermella ofrecerá unha charla sobre as relación pais - fillos na adolescencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario