lunes, 6 de febrero de 2017

Prazo de inscrición nas probas de acceso aos ciclos de grao superior

Dende hoxe, luns 6, e ata o mércores 15 de febreiro está aberto o prazo de inscrición para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

A Orde do 22 de decembro de 2016 , convoca probas de acceso a ciclos de grao medio e superior.  O período de inscrición nas probas de acceso a ciclos de grao superior ábrese hoxe para as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

.- Non ter ningún outro requisito de acceso aos ciclos de grao superior e, ademáis,
.- Cumprir 19 anos ou mais ao longo do ano 2017.

A inscrición pode facerse online na aplicación "ciclosprobas" ou no modelo en formato papel (modelo ED312D).  En calquera dos casos, hai que entregar a solicitude nun centro de inscrición (un instituto público de ensino secundario onde se impartan ciclos de formación profesional); o centro onde se entregue a solicitude terase en conta para asignar o centro onde se realizará a proba.

Toda a información relativa ao proceso de inscrición e realización das probas, pode consultarse na web de Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario