martes, 7 de marzo de 2017

8 de marzo: Día Internacional da Muller





O 8 de marzo de 1908, cento vintenove mulleres traballadoras da empresa téxtil “Cotton” de Nova Iorque declaráronse en folga  e ocuparon as fábricas reclamando mellores condicións de traballo.  A patronal  actuou duramente e chamou á policía para que as fixese saír.  Como elas se negaron a abandonar o edificio, botaron no seu interior bombas incendiarias, queimando ás 129 mulleres.

Pouco despois, en 1910, declarouse o 8 de marzo o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, en lembranza das mulleres mortas en Nova Iorque.

Dende o Departamento de Orientación, faise unha proposta de traballo nas titorías para promover a sensibilización e toma de conciencia da discriminación que sofren as mulleres tanto no eido do traballo doméstico como no eido laboral.  Ao mesmo tempo que iniciamos o traballo sobre a orientación académica e profesional, no aspecto de coñecemento do mundo laboral e as profesións.

As propostas están aloxadas na Aula Virtual do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmontecarrascocangas/aulavirtual2/course/view.php?id=113

Tamén vos achego o cartel coa programación do Centro de Información á Muller do Concello de Cangas, conmemorando este día.




No hay comentarios:

Publicar un comentario