jueves, 2 de marzo de 2017

Actividades de formación en lingua inglesa para alumnado de ESO e Bacharelato.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de convocar axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, para alumnado de ESO e Bacharelato de centros docentes sostidos con fondos públicos  (Orde do 2 de febreiro de 2017)

Requisitos para solicitar estas axudas:

  • Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO ou 1º ou 2º de bacharelato nun centro sostido con fondos públicos de Galicia.
  • Ter superadas todas as materias no curso 2015/16
  • Ter acadado no curso 2015/16 na materia de lingua inglesa, unha cualificación mínima de "Ben" ou 6.
  • Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade


Como solicitar estas axudas:

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED504B) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
  • Opcialmente, poderanse presentar as solicitudes nos rexistros establecidos na normativa.  Para iso, hai que descargar o formulario ou cubrilo online dende a páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle. Unha vez cuberto o formulario, gravarán os datos, o que xerará un documento en formato Adobe Acrobat, corresponde aos Anexos I e II, que se deberán imprimir e asinar.  Por último, deberán entregar estes Anexos, xunto coa preceptiva documentación en calquera rexistro recoñecido no procedemento administrativo.


Prazo de presentación:
Do 28 de febreiro ao 27 de marzo (ambos incluídos)

Documentación a chegar xunto coa solicitude  (Anexos I e II)

  • Certificación de matrícula do curso 2016/17
  • Certificación académica das cualificación de todas as materias cursadas no ano académico 2015/16
  • Fotocopia do DNI ou NIE do solicitante e da nai / pai / titor/a legal
  • Fotocopia do libro de familia
  • Calquera outro documento xustificativo de circunstancias familiares especiais: discapacidade do alumno ou familiar,...


Axudas que se conceden:
No cadro podemos ver a duración da actividade e o que debería aportar a familia.





CONSULTAS e MAIS INFORMACIÓN:
Web da convocatoria: http://www.edu.xunta.es/axudasle
Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.es
Atención telefónica:  981957296 - 881997497 - 981957538

No hay comentarios:

Publicar un comentario