sábado, 25 de marzo de 2017

Preocupación pola Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU)

Quero sumarme á crítica / preocupación  manifestada pola compañeira Monica Diz no seu blog, ante a publicación de documentos (que aínda non foron publicados no DOG) relativos á nova proba para o acceso á universidade, tanto na web da propia Consellería de Educación, web da Comisión Interuniversitaria Galega como na prensa escrita.

A confusión entre a comunidade educativa é máxima e, o peor de todo, é que a estas alturas do curso, finais de marzo, non está claro como vai ser esa proba, nin como van ponderar as materias da parte voluntaria. Tampouco está moi claro como poden examinarse para mellorar a súa nota de admisión o alumnado con bacharelato aprobado en cursos anteriores ou con PAAU superada en cursos anteriores.

Así que gracias a Monica Diz por expresar tan ben o que moitos outros orientadores e orientadoras pensamos.

Mentras a administración segue sen aclararse e os mais perxudicados, o alumnado.

Para xulgar por vós mesmas, podedes consultar os documentos que ven publicando a Comisión Interuniversitaria Galega na súa páxian web:

Fonte: http://ciug.gal/(Pendente de publicar no DOG)



Consulta aquí os  PARÁMETROS DE PONDERACIÓN.

No hay comentarios:

Publicar un comentario