martes, 30 de mayo de 2017

Correspondentes Carrasco 3.0


Este xa é o 3º curso que un grupo de alumnas e alumnos  (os menos) do IES Monte Carrasco participan no programa Correspondentes Xuvenís ou Antenas Xuvenís da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado  (Consellería de Política Social. Este curso que está rematando, decidimos incluírnos no Plan Proxecta da Consellería de Educación, un Plan que recolle todas as iniciativas de innovación educativa en colaboración con outras entidades e organismos.


Os Correspondentes Xuvenís do Carrasco son un grupo de alumnos e alumnas que funcionan en equipo como unha "antena informativa" no centro, responsabilizándose de recoller a información que se lles envíe desde a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e de difundila entre o resto da comunidade educativa do centro.  Tamén recollerán información doutros centros próximos, entidades deportivas e culturais,..., do contorno próximo.


Os correspondentes xuvenís do Carrasco son alumnos e alumnas de 3º ou 4º de ESO que, mediante unha formación previa e apoiados pola orientadora do centro, se encargan de informar aos demais compañeiros e compañeiras das convocatorias, recursos, actividades, accións,... que poidan ser do seu interese. Este curso, 13 alumnos e alumnas traballaron en 3 grupos: selección e tratamento da información para o panel informativo; contacto cos Delegados de clase; contacto con outros centros de Cangas e recollida de información de interese que se xera en Cangas.  Os 3 grupos foron rotando nas súas tarefas cada trimestre de xeito que todos e todas pasaron polos tres grupos ao longo do curso.

O grupo ten participado en actividades do centro así como nas propostas que fixo a Dirección Xeral de Xuventude: encontros no Albergue Xuvenil de Gandarío tanto no mes de febreiro como no mes de xuño; encontro de correspondentes xuvenís do Concello de Cangas, organizado pola Concellería de Mocidade; entrega de Diplomas aos Correspondentes no Concello de Cangas o día 19 de maio.

Aquí vos deixo unhas imaxes que mostran o traballo e as actividades nas que se participou:

Correspondentes Carrasco 2.0 2016-17

Correspondentes Carrasco 2.0 Encontros en Cangas

No hay comentarios:

Publicar un comentario