miércoles, 24 de mayo de 2017

Material para reflexionar sobre o sexting

A Xunta de Galicia en colaboración con Pantallas Amigas lanza unha campaña para axudar á mocidade a reflexionar antes de sextear: Decidiches facer sexting?  Decálogo para sextear con menos riscos.

Practicar sexting ou sextear é unha práctica moi extendida entre os xoves consistente no envío de imaxes íntimas de sí mesmo/a de forma voluntaria a través de internet: unha rede social ou un servizo de mensaxería.  Esta práctica, cada vez mais frecuente, leva en moitas ocasións aos que a practican a verse inmersos nunha situación non desexada: difusión da imaxe, vídeo... a persoas ás que ti non llas envíaches; chantaxe por parte das persoa/s que reciben a imaxe para que as sigas envíando (o que se denomina sextorsión); situacións de violencia de xénero...  

Esta campaña, a diferencia da lanzada no 2014, 10 razóns para non practicar sexting, non ten un carácter tan culpabilizador cara ás persoas que practican sexting ou pensaron en facelo;  trata de que os mozos e mozas reflexionen antes de practicar sexting e que si deciden facelo, teñan en conta unha serie de recomendacións para facelo o máis seguro posible.  Lástima que as imaxes que se usen na propria campaña, a meirande parte das veces, as persoas que envían imaxe íntima son mulleres e as persoas que as reciben son homes.  Sería desexable que se coidasen estes aspectos para non encasillar tanto aos mozos como ás mozas nos mesmos roles: a muller débil que se deixa enganar e o home buscando como enganar á muller para conseguir os seus favores sexuais. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario