domingo, 29 de abril de 2018

Campamentos de verán para persoas con discapacidade



A Consellería de Política Social ven de convocar prazas para Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade.

Requisitos:
  • Ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%
  • Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos
  • Estar empadroado nalgún concello de Galicia
  • Non padecer ningunha enfermidade trasmisible con risco de contaxio
  • Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante a actividade
  • Ter unha capacidade mínima de participación e de comunicación nas actividades que se van desenvolver
  • Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que se solicita.

Destinos, actividades, datas e prezos




Prazo de presentación de solicitudes

Ata o día 30 de maio, incluído.

Modelo de solicitude e informe médico


Máis información

.- Nos servizos sociais comunitarios dos concellos
.- Nos servizos sociais dos centros de saúde
.- Nas Servizos de Dependencia e Autonomía Persoal das Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social




Resultado de imagen de teléfono social galicia 900 333 666

Orientación Académica e Profesional

A estas alturas do 3º trimestre,  todos os Departamentos de Orientación estamos inmersos na orientación académica e profesional. Nalgúns casos, como 4º de ESO  (no meu centro só se imparte a ESO), xa empezamos no 1º trimestre para que o alumnado xa teña reflexionado sobre as súas eleccións cando chega o momento da reserva de praza para Bacharelato (no mes de marzo).


En todos os cursos, a orientadora intervén nunha sesión de titoría (como mínimo) para darlles a información básica sobre a etapa; a avaliación, promoción e titulación na ESO; organización do curso seguintes: optativas, itinerarios...  Esta información básica achégase a través dunha presentación de diapositivas que queda a disposición do alumnado na Aula Virtual do centro. Ademáis, se lles entrega un dossier informativo, adaptado a cada nivel, en papel e que tamén está aloxado na Aula Virtual, a disposición do alumnado e das persoas titoras.

Aquí vos deixo os dossieres informativos de 1º, 2º e 3º de ESO, que estou utilizando co alumnado do meu centro este ano. Están adaptados ao noso contorno e a nosa oferta académica.











miércoles, 25 de abril de 2018

Campamentos verán 2018



A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2018
Servizos ofertados:
a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
c) Manutención en réxime de pensión completa.
d) O material necesario para a actividade.
e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais que por razón da súa discapacidade precisen apoio, disporase de persoal que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.
A incorporación aos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada o día de inicio da quenda correspondente, entre as 15:00 e as 17:00 horas.
Cando a incorporación aos campamentos e albergues teña lugar fóra de Galicia, será por conta da persoa interesada o traslado desde o seu domicilio ata Santiago de Compostela, ou o lugar que se sinale como punto de saída, tanto o día de ida para a actividade como o día de chegada.
Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria as persoas mozas galegas residentes en Galicia. Ningún/ningunha participante poderá ser admitido/a en máis dun campamento por ano.
Idades:
En canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2018, cómpre destacar o seguinte:
a) As persoas nacidas no ano 2000 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.
b) As persoas nacidas no ano 2009 deberán ter feitos os 9 anos ao inicio do campamento.
Discapacidades:
As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos:
a) Facer constar a súa condición na epígrafe que figura no seu impreso de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisar.
b) Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda de terceira persoa.
c) Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades que se van desenvolver no destino que soliciten.
Adxudicación das prazas
a) Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.
b) Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.
Solicitudes:
As solicitudes poden tramitarse en 
https://sede.xunta.es cos seguintes códigos:
Solicitude individual:  procedemento BS303A.
Solicitude múltiple:  procedemento BS303F.
Prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade:
procedemento BS303G  para solicitude individual
procedemento BS303H no caso de solicitude múltiple.
Prezo:
Os membros de familia que teñan o título de numerosa terán un desconto do 50%
As persoas usuarias do Carné xove gozarán dun desconto do 25%
Prazo:
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 18 de maio de 2018
Máis información no
 DOG do 25 de abril de 2018


martes, 24 de abril de 2018

Día Internacional das Rapazas nas TIC


O 26 de abril de 2018 é o Día Internacional das rapazas nas TIC.  Esta é unha celebración a nivel intenacional orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.

Este Día Internacional se celebra o cuarto xoves de cada mes de abril, auspiciado pola UIT-D, o Sector de Desenvolvemento da UIT, Unión Internacional das Telecomunicacións, organismo especializado das Nacións Unidas para as Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC).






jueves, 5 de abril de 2018

SEMANA DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

A Asamblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 2 de abril como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, para poñer de relevo a necesidade de contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con autismo, para que poidan levar unha vida plena e gratificante como parte integrante da sociedade.


Os Concellos do Morrazo, Cangas, Bueu e Moaña veñen de adicar esta semana a concienciar sobre o autismo, cunha serie de actos e actividades.  Para pechar esta semana, o venres 6 de abril, ás 6 da tarde, no Salón de Plenos do Concello de Cangas, Yolanda Heras, directora do centro educativo BATA, impartirá unha charla-coloquio, Achegándonos ao TEA-Trastorno do Espectro Autista.