domingo, 20 de mayo de 2018

Día Internacional contra a Homofobia, Transfobia e Bifobia

O 17 de maio, que en Galicia se conmemora o Día das Letras Galegas, tamén se conmemora o Día Internacional contra a Homofobia, Transfobia e Bifobia.  Desde o ano 2005 se conmemora este día porque o 17 de maio de 1990 o OMS (Organización Mundial da Saúde) eliminou da lista de enfermidades mentais a homosexualidade. Esta conmemoración é máis coñecida polas súas siglas en inglés, IDAHTB,  International Day Against Homophobia, Transphobia ans Biphobia.

O obxectivo principal deste día é dencunciar a discriminación de que son obxeto as persoas homosexuais, bisexuais e transexuais e para facer avanzar os seus dereitos en todo o mundo.  No ano 2105, incorporouse a bifobia ao nome da compaña.

Dende un punto de vista educativo, está claro que a escola, como institución educativa, debe contribuír a educar no respeto á diversidade sexual, xerando espazos de respeto e tolerancia, que fomenten o desenvolvemento da personalidade de cada persoa.

Neste sentido, quero compartir con vós a iniciativa do IES Politécnico de Vigo, que na vindeira semana, entre o 21 e o 25 de maio, orgniza a II Semana da Diversidade LGTBIQA+   Unha iniciativa da área de igualdade do instituto que "traballa para conseguir un centro coeductivo, libre de discriminación e respectuoso con todas as diversidades, en que todos e todas as estudantes teñan o mesmo dereito a unha educación de calidade nun ambiente escolar seguro".


O Concello de Moaña organiza o 2 de xuño unha Festa da Diversidade Sexual.

No noso centro, tamén vimos dando algúns pasos para educar no respeto á diversidade sexual.  En 3º de ESO, organizamos unha charla coa Asociación Nós Mesmas. En 4º de ESO, un obradoiro impartido por Cruz Vermella.

Aquí vos deixo, materiais para traballar nas aulas esta temática:

Material didáctico diversidade afectivo sexual



domingo, 13 de mayo de 2018

Calendario da ABAU para este curso

A CIUG ven de publicar o calendario da Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU), proba necesaria para o alumnado que despois de cursar bacharelato queira acceder a estudios universitarios.  Tamén é unha proba que poden facer aqueles que xa teñan aprobado a proba de acceso á universidade en anos anteriores e desexen mellorar a súa cualificación; ou aquel alumnado que, despois de cursar un Ciclo Formativo de Grao Superior, desexe acceder á universidade e mellorar a súa nota de admisión (nota media de ciclo formativo).



Outros enlaces de interese:








Control da ansiedade ante os exames

Agora que estamos na recta final do curso, os orientadores e orientadoras escolares recibimos consultas e solicitudes de axuda en relación á ansiedade ante os exames. Ansiedade que se pode manisfestar con bloqueos: "quedeime en branco", "sabíao na casa e esquecino no exame"...; sudoración, palpitacións, mareos...
Achegamos un material da Universidade de Almería e o Ministerio de Educación e Ciencia:

No material podemos diferenciar dúas partes: unha na que se aborda que é a ansiedade e como se manifesta; e outra,  nos facilita unha serie de recomendacións sobre hábitos saudables, técnicas e estratexias para reducir e afrontar a ansiedade ante os exames.

Dedicarlle un tempo a lelo e a poñer en práctica as técnicas que se nos recomendan pode axudarnos a afrontar mellor esta recta final do curso.


miércoles, 2 de mayo de 2018

DIA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR



O día 2 de maio se celebra o Día Internacional contra o Acoso Escolar, para concienciar sobre o acoso escolar, un problema que afecta a escolares de todo o mundo.  A data foi promovida en 2013 pola entidade Bullying Sin Fronteras e respaldado por máis de 3000 organizacións non gubernamentais de todo o mundo.  

Este ano, o Ministerio de Educación, centra a súa mensaxe nun dos 3 piares do acoso escolar: os observadores, aqueles que ven o que está pasando pero non fan nada.  Por medo a que lles pase a eles.  Por medo a que lles chamen chivatos.  Porque pensan que non vai con eles.  Porque igual o merece.  Porque...

Por iso, o lema da campaña ¿Acosan a tu compañero?  No te calles, vai dirixido a eles, porque sin eses espectadores pasivos, gran parte das condutas acosadoras dos agresores desaparecerían. E sobre todo, a vítima se sentiría apoiada, respaldada.  Non se sentiría sola.


Netflix, para promocionar a 2ª temporada da súa serie 13 razones, lanza unha campaña contra o acoso escolar.  Un experimento social no que unha veintena de adolescentes foron protagonistas voluntarios. Como te fai sentir que te insulten? E que digan cousas boas de ti?  Os alumnos e alumnas dun centro de Madrid responden a estas preguntas.
Interesante para promover a reflexión do alumnado ou para levar a cabo en aulas onde hai problemas de  acoso e/ou de relación entre o alumnado.





Vídeo: Por 13 razones. La importancia de las palabras.  Netflix España en Youtube