viernes, 29 de marzo de 2019

2 de Abril, Día Mundial do Autismo


Dende as Concellerías de Ensino dos Concellos de Cangas, Bueu e Moaña, a Asociación Autismo Morrazo e ASPANSIM, propóñenos aos centros educativos que nos sumemos á conmemoración do Día Mundial do Autismo, o vindeiro 2 de abril, colocando o Símbolo Infinito, escollido na edición deste ano.

Neste 2019, o lema escollido polo movimento asociativo en España, en coordinación co movemento asociativo europeo, é  "I ∞ autismo. Unha dinámica nova para o autismo".  Segundo a web #diamundialautismoOs obxectivos desta campaña son:

1. Aumentar a conciencia social sobre o autismo e promover un mellor coñecemento de como todos podemos contribuir á inclusión das persoas con TEA.
2. Aumentar a concienciación dos representantes políticos en torno ao TEA
3. Reclamar a aprobación e posta en marcha do Plan de acción da Estratexia Española en TEA.

Maís información sobre a campaña, na web #diamundialautismo






















Fonte: Confederación Autismo España en Youtube




lunes, 25 de marzo de 2019

UNIFERIA: Feira Virtual das Universidades Españolas


Crue Universidades Españolas pon en marcha a primeira feira virtual, denominada UNIferia, para axudar ao estudantado que este ano decidirá o seu futuro académico. 
Esta primeira edición de UNIferia terá lugar os próximos días 1 ao 5 de abril de 2019 e reunirá a 52 universidades españolas que informarán online e de maneira personalizada sobre a súa oferta académica de Grao, os diferentes sistemas de acceso, bolsas e sobre os pasos necesarios para poder cursar Estudos Superiores.
A través dunha plataforma virtual, os futuros e as futuras universitarios e universitarias poderán vencer as fronteiras xeográficas e temporais, informarse e interactuar cos diferentes servizos de información e orientación das institucións participantes, cun formato moderno e accesible.
Máis información.

Fonte: Boletin informativo nº 26 da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

jueves, 21 de marzo de 2019

Campus Científicos de Verán 2019

A Fundación Española para a Ciencia e Tecnoloxía e o Ministerio de Educación e Formación Profesional convocan o Campus Cientifícos de Verán 2019



En que consiste:

Nunha estancia dunha semana con todos os gastos pagados (excepto o desprazamento ao destino) en campus de diversas universidades españolas. As quendas empezan o 30 de xuño e rematan o 27 de xullo.
Otorgaranse 1.560 prazas.
Ademáis poden solicitarse 20 prazas na sede do CERN (Organización Europea para a investigación Nuclear) en Ginebra (Suiza). 


Requisitos:
  • Estar cursando no 2018-19, 1º de Bacharelato na modalidade de Ciencias, ou 4º de ESO na opción de ensinanzas académicas (cursando “bioloxía e xeoloxía” e “física e química”) o una opción de ensinanzas aplicadas cursando as materias de “ciencias aplicadas á actividade profesional” e “tecnoloxía”.
  • Ter unha nota media igual ou superior a 8’5 no curso 2017-18
  • Ter nacido despois do 31 de decembro de 2001
  • Non ter participado antes no programa
  • Para optar ás 20 prazas do CERN hai que ter unha media no curso 2017-18 de 10

Prazo de solicitude:

  • Ata as 13:00 h. do 1 de abril do 2019
    As solicitudes presentaranse vía telemática na web do programa
Consulta aquí as bases do programa
Podes ver o vídeo promocional do programa con participantes noutras edicións que contan a súa experiencia:


domingo, 10 de marzo de 2019

Probas de acceso a ciclos de grao medio

Dende o pasado xoves, 7 de marzo, e ata o venres 22 de marzo, está aberto o prazo para inscribirse nas probas de acceso a ciclos de grao medio.

A inscrición pode realizarse en calquera instituto de Galicia que teña oferta de Formación Profesional.

As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED312C) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia

A proba está destinada a persoas que teñen 17 anos cumpridos ou que os cumpren no ano de realización da proba (nesta convocatoria, que cumpren 17 anos ao longo do 2019) e que non cumpren os requisitos de acceso directo a Ciclos Formativos de Grao Medio.

A proba terá lugar o martes, 28 de maio de 2019.

Podes consultar aquí o calendario no que se desenvolverá todo o proceso.

Tamén podes consultar o DOG no que se convocaron as probas

No portal de FP da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional podes consultar todo o relativo a estas probas.

jueves, 7 de marzo de 2019

Día da Muller. Máis necesario que nunca.

Cada 8 de marzo, conmemórase o Día da Muller. En 1975, coincidindo co Ano Internacional da Muller, as Nacións Unidas celebraron o Día Internacional da Muller por primeira vez, o 8 de marzo.  Pero esta conmemoración funde as súas raíces nunha declaración do Partido Socialista dos Estados Unidos no ano 1913, que levou a que o 28 de febreiro se celebrara en todos os Estados Unidos o primeiro Día Nacional da Muller, como homenaxe ao movimento en favor dos dereitos da muller e para axudar a conseguir o sufraxio feminino universal.
A partir dese ano, fornon sumándose países e reivindicacións: dereito ao voto, ao ocupar cargos públicos, esixiron o dereito ao traballo, á formación profesional e á non discriminación laboral.

Máis de 100 anos despois daquel 1913, a Organización das Nacións Unidas propón para o 2019 o lema:  No Día das Mulleres, pensemos en igualdade, constrúamos con intelixencia, innovemos para o cambio.




"A innovación e a tecnoloxía brindan oportunidades sin precedentes; sin embargo, as tendencias actuais indican que a brecha dixital estase a ampliar e que as mulleres están insuficientemente representandas nos campos da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería, as matemáticas e o deseño.  (...)
Facéndose eco do tema prioritario do 63º período de sesións da Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller, o Día Internacional da Muller 2019 porá a mirada nos líderes da industria, as empresas emerxentes que están cambiando o mundo dos negocios, as/os emprendedoras/es sociais, co obxecto de examinar como pode a innovación eliminar barreiras e acelerar os avances cara a construír servizos e infraestruturas que dean resposta ás necesidades das mulleres e as nenas.  (...) Un futuro no que a innovación e a tecnoloxía creen oportunidades sin precedentes para que as mulleres e as nenas desempeñen un papel activo na creación de sistemas máis inclusivos, servizos máis eficientes e infraestruturas sostibles para acelerar o logro dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS) e da igualdade de xénero"  (ONU mulleres)

Este é a mensaxe do Secretario Xeral das Nacións Unidas con ocasión do Día Internacional da Muller: